INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN SHALOM SEFARD “O FLORECEMENTO DA VIDA SEFARDÍ EN SEATTLE”

O pasado Martes día 24 de Abril tivo lugar a presentación e inauguración da exposición cedida pola Red de Juderías de España, “Shalom Sefarad”, que presenta a través de fotos, historias e cancións o legado dos inmigrantes xudeus que chegaron á ciudade estadounidense de Seattle hai un século procedentes do Imperio Otomano, co fin de construir unha nova vida para as suas familias.  Nesta exposición  poderase coñecer a historia destes xudeus de orixe sefardíasí coma o seu legado cultural, artístico e comercial que segue moi vivo hoxe en día.

A exposición, de carácter etnográfico e documentalista mediante infografías en paneis, inaugurarase no  Centro de Información Xudía de Galicia, popularmente coñecido como Museo Sefardí.

A comunidade sefardí de Seattle (Washington) está formada en parte  por descendentes de xudeus leoneses, castellanos ou galegos na diáspora sefardí polo Imperio Otomano,  e que coa Primeira Guerra Mundial emigraron entre outros lugares a Estados Unidos. Esta é uhna exposición que reafirma os vencellos co sefardismo a través da lingua, cociña, costumes, etc.

Esta exposición impulsada polo WSJHS (Washington State Jewish Historical Society) e o León Center University of Washington chega por primeira vez a Galicia, e faino da mao da Red de Juderías de España, da que Ribadavia é localidade fundadora.

LUGAR: Centro de Información Xudía de Galicia. Praza Maior, 4 – Ribadavia

DURACIÓN: Do 9 de Abril ao 7 de Maio

Oficina de Turismo de Ribadavia
www.turismoribadavia.com
http://ribadaviaturismo.weebly.com/
www.rutadelvinoribeiro.com

Check Also

Sefarad es mi tierra.

Cuando España era Sefarad

    Una novela que nos entrega un escritor molinés (médico ya jubilado, y natural …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.